¿Qué hacer en Vigo?

XXI XORNADAS MULLERES VECIÑAIS

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Ata hoxe (Venres 25) non puiden facerme eco da nova, pero a pesar do contratempo (onte xa tivo lugar a primeira xornada) decidín publicala posto que hoxe existe unha nova oportunidade para acudir a ista charla. De 16:30 a 20:00 na Casa das Palabras. Verbum.

Un ano máis celebramos estas xornadas das mulleres veciñais de Vigo, e incrible dicilo, pero despois de 21 anos de xornadas atopámonos que as mulleres seguen estando nunha situación de desventaxa social. A pobreza aínda leva nome de muller.

Este ano a temática a tratar destas xornadas é “A conciliación laboral e familiar” pois en pleno 2013 seguen sendo as mulleres as quen teñen que conciliar. Nesta crise que agora vivimos son as mulleres as primeiras que marchan para a casa.

Nestas xornadas reinvidicamos o recoñecemento legal do dereito de mulleres e homes a teren as mesmas oportunidades e un acceso non discriminatorio a todos os ámbitos da vida, entre eles, o laboral. Para asegurar a igualdade de oportunidades e lograr a
igualdade efectiva compre un tratamento diferenciado para mulleres e homes que permita, mediante accións de discriminación positiva, acabar coas desigualdades en razón de xénero. Loitar pola defensa da igualdade na retribución, na promoción profesional, acceso o emprego, na formación é na conciliación da vida laboral e familiar.

Nestas xornadas queremos homenaxear a unha muller loitadora, Dona Josefa Martínez Alonso, que foi Presidenta da Rede de Mulleres contra os malos tratos. Persoa solidaria que merece sobradamente este recoñecemento.

xornada mulleres programa

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Localización

En algunas ocasiones la localización puede no corresponderse a la realidad.

Entradas populares