Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.
Dentro do marco dinamizador do Casco Vello,mañán xoves a partir das 23.00h na Praza da Igrexa, proxectarán a sexta e derradeira entrega dos Xoves Negros de Cine.
“La Jungla de Asfalto”.
A meticulosa planificación dun atraco a unha xoiería. por parte dunha banda de delincuentes, sérvelle a Huston para ofrecer un poderoso relato cheo de intensidade, aparte dun realista e insuperable estudo de personaxes e as súas motivacións.
Sen lugar a dúbidas, unha das mellores películas do cine negro de tódolos tempos, co gran Hayden e unha seductora e sexy Marilyn Monroe (FILMAFFINITY)
A entrada é de balde , será cine ao aire libre e , en caso de choiva, suspenderase a proxección.