V Xornadas Micolóxicas do casco Vello que organiza a Asociación Veciñasl e Cultural do casco Vello de Vigo no mes de Novembro de 2018.
Haberá distintas actividades, as exposición, charlas e obradoiros terán lugar no local da A.V.C Casco Vello (Rúa Cánovas del Castillo,2 – Baixo).
Unha oportunidade para iniciarse na micoloxía, distinguir as distintas especies e facer recolleita.
Programa das Xornadas Micolóxicas 2018
10 e 11 de Novembro
Obradoiro: Identificación de cogomelos impartido por Gabriel Pérez Torrón. Prezo: 18€. 15€ para persoas asociadas.
10/11 – 18:00 – 20:30 – Sesión teórica
11/11 – 10:00 – 13:30 – Saída ao monte e recolleita
11/11 – 15:00 – 18:00 – Sesión práctica
15 de Novembro
18:00 Inauguración da Exposición Micolóxica. Entrada gratuita ata completar o aforo.
20:00 Charla de Floro Andrés Rodríguez: MIxomicetos, un mundo por descubrir. Entrada gratuita ata completar o aforo.
17 de Novembro
Exposición Micolóxica (mañá e tarde) – Entrada gratuita ata completar o aforo.
20:00 Charla de Oscar Requeijo: Os fungos e os seus ecosistemas. Entrada gratuita ata completar o aforo.
18 de Novembro
10:00 Saída didáctica ao monte dirixida por Gabriel Pérez Torrón. Prezo: 5€, 3€ persoas asociadas.
18:00 Obradoiro de cultivo de cogomelos dirixido por MycoGalicia. Prezo: 8€, 5€ persoas asociadas.