¿Qué hacer en Vigo?

Vive o Outono nas Illas Atlánticas

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Vive o Outono nas illas Atlánticas! Unha serie de actividades gratuitas dirixidas a diverso público a semana do 3 o 9 de Outubro.

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia organiza unha serie de actividades GRATUITAS dirixidas a diversos públicos (público xeral, familia, adultos e infantil), para VIVIR O OUTONO NAS ILLAS ATLÁNTICAS.

Podedes ver as actividades programadas nos cartaces adxuntos.

As actividades vanse desenvolver ao longo de toda a semana no Centro de Visitantes do Parque Nacional, en Vigo, e durante a fin de semana en Cíes e Ons e teñen como obxectivo principal dar a coñecer os importantes valores do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Parte da proposta está enmarcada no aniversario dos Cen Anos de Parques Nacionais, esta semana adicada ao Parque Nacional do Garajonay, e en xeral dos 15 Parques Nacionais existentes en España, como espazos naturais protexidos e cun valioso legado patrimonial.

Información e Inscrición en: Tódalas persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades, deberán reservar a súa praza a través das seguintes opcións:

–          Puntos de Información das Illas Cíes e Ons

–          Centro de Visitantes Cambón

Para ampliar calqueira información, pode facerse persoalmente no Centro de Visitantes Cambón en Vigo, ou a través do teléfono 886 218 082.

CENTRO DE VISITANTES – EDIFICIO CAMBÓN

PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
Rúa Palma, 4, Vigo

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.