¿Qué hacer en Vigo?

Virandeira Folk en Concerto

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Virandeira Folk presenta o seu novo disco no Auditorio Municipal do Concello de Vigo

O Auditorio do Concello de Vigo acolle o próximo sábado 19 de setembro ás 21h a presentación oficial de Metamorfose, novo traballo discográfico da banda viguesa Virandeira Folk.

Cunha formación renovada, Virandeira Folk aposta no seu segundo disco de estudio por unha fusión de estilos, sen límites nin fronteiras. A gaita, a frauta e o violín mistúranse con guitarras eléctricas, baixo e batería; os sons da música celta irmananse con riffs e armonías propias do rock, o jazz ou o pop… en definitiva, unha proposta ecléctica que de seguro sorprenderá.

Os asistentes á estrea de Metamorfose gozarán dun espectáculo musical fresco e orixinal que estará aderezado con proxeccións audiovisuais. Ademáis, Virandeira Folk contará neste concerto coas colaboracións especiais da cantante Sabela Cereijo, o frautista e gaiteiro Xulio Lorenzo, o guitarrista Sergio w0r, o teclista Martín Barcia e a percusionista Loreto de Araújo.

Data: sábado 19 de setembro.

Hora: 21h (peche de portas ás 21h por requerimento).

Lugar: Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei 1, Vigo).

Entradas: 6€ anticipada / 8€ ordinaria.

Puntos de venda:

Anticipada: Entre Cervezas (Rosalía de Castro 41, Vigo) ou escribindo a virandeirafolk@gmail.com.

Ordinaria: O día do concerto no despacho de billetes do Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.