Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.
Virandeira Folk celebra as Letras Galegas este sábado no Cabiria Bar de Vigo. A banda interpretará temas do seu novo disco, Metamorfose
Este sábado ás 23:00h o grupo Virandeira Folk actúa no Cabiria Bar (Alfonso XIII, 32, Vigo) con motivo do Día das Letras Galegas. A banda viguesa interpretará repertorio do seu novo disco, Metamorfose, que será editado este verán, e tamén algúns dos temas do seu primeiro traballo discográfico, Sons do Atlántico (2012).
A entrada, que custa 5€, inclúe a primeira consumición. Un gran plan para celebrar con música e bo ambiente un dos días máis significativos da cultura galega.
https://vimeo.com/119288326