Unha película en Galego significa actores Galegos, e neste caso, o ser rodada en Galicia, podemos dar a coñecer a nosa terra noutras partes do mundo. Unha película é unha forma máis de extender a nosa cultura. E o que tamén supón son moitos postos de traballo, claro, que todo depende de que a xente vaia a vela o cine.
Ista foi a miña apreciación a charla que déronnos para uns cantos alumnos do IES Teis os protagonistas da película Vilamor. En Teis estiveron tres dos protagonistas e mais o Director.
Como foron maxetes, e se curran dentro das suas posibilidades o que é a promoción da Película, aporto o meu gran de area para promocionalos. Ademáis contáronos un pouco de que vai a Película:
Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.
Tedes moita más info na súa páxina web. A película xa se estreou en Lugo con bos resultados.
Pases en Vigo:
Hoxe, 12 de Abril, estréase a película nos Cines Gran Vía. Non teño moi claro a hora da estrea. Seica haberá Photocall para poder compartir un anaquiño de tempo cos protas.
A partir do 13 de Abril…
Poderase ver a película nos
Multicines Norte e nos Cines Plaza Elíptica.
PD: Un dos protagonistas era clavadiño a Ricky Rubio. ;-)
Foto de cabeceira extraída da sua páxina web.