¿Qué hacer en Vigo?

Vikul, encontro de Danza Urbana en Vigo

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Do 18 o 20 de Xullo teremos un Encontro Internacional de Danza Urbana. Impartiranse masterclass no Vermum e o público en xeral disfrutaremos de actuación na rúa con flashmob final.

O prato forte do encontro internacional serán as masterclasses impartidas por sete figuras de ámbito nacional e internacional, como Anthony Thomas (Los Ángeles), coreógrafo de Janet Jackson; Omar Fernández (Valencia), membro de The Richboyz Project; Karon Lynn (New York – Los Ángeles), bailarín de Pharrell Willians, Rihanna, No Doubt, Nelly Furtado…; Laure Courtellemont (Francia – New York), creadora do Ragga Jam; Viet Dang (Los Ángeles), bailarín de Beyonce, Rihanna, KE$HA e Mika; Viki ?er?ek (Londres), 4 veces campiona internacional en IDO WORLD CHAMPIONSHIP; Ellen Kim (San Francisco – Los Ángeles), bailarina de Beyoncé, Amerie, LL Cool J, Snoop Dog e STOMP, Pharrell Williams, Usher, Jason Derulo.

Para os máis pequenos a organización preparou obradoiros de danza e graffiti, con dúas modalidades. KIDS-PRO oferta masterclasses a cargo de Irene Pallarés (Profesora de Operación Triunfo -tres primeiras edicións en TVE1-, coreógrafa de Natalia, Tony Santos, Rusia, Pearcing, Estopa, SPS), artista nacional de recoñecida traxectoria para aqueles mozos de entre 7 e 14 anos que xa están iniciados na danza. KIDS-PLAY, pola súa banda, son clases de iniciación á danza para todo aquel que queira apuntarse in situ co obxectivo de inculcar o amor polo baile nos máis pequenos e de difundir esta disciplina entre pais e nenos da cidade. Ao finalizar cada unha das clases, tanto de KIDS-PRO como KIDS-PLAY, os pequenos poderán gozar do taller de pintura e graffiti.

A maior demanda por parte do público en xeral durante a primeira edición, en decembro de 2013, centrouse en peticións de actuacións na rúa. Por iso, a organización propuxo a participación en espectáculos, tanto no propio ámbito da Praia de Samil como no centro urbano de Vigo, a compañías de danza afeccionados, co obxectivo de lograr unhas 50 actuacións públicas e gratuítas ao longo dos tres días de evento, en sesións de mañá e tarde.

A programación pecharase cun gran flasmob no que participen tanto os asistentes a calqueira das actividades de VIKUL como aqueles que queiran apuntarse. A coreografía -con Viet Dang como mestre de ceremonias- será publicada en redes sociais para que os que desexen aprendela poidan sumarse á clausura do Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo.

Fonte da información: xornal vigo

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Localización

En algunas ocasiones la localización puede no corresponderse a la realidad.

Entradas populares