¿Qué hacer en Vigo?

VigoCultura 2021 | Primeiro Semestre

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Información xeral sobre entradas, e posibles cambios debidos a pandemia do Coronavirus no programa VigoCultura 2021.

O Concello de Vigo presenta a súa programación Vigocultura de artes escénicas para o primeiro semestre do ano, despois de consolidarse no ano 2020 na súa aposta polo apoio ás compañías de artes escénicas e que ademáis de non cancelar ningún espectáculo, reforzou programación con todas as medidas e protocolos de seguridade COVID. O compromiso co sector escénico e o apoio ás compañías é total por parte do Concello de Vigo.

Así pois, o Auditorio Municipal volve a abrir as portas de Vigocultura cun protocolo COVID específico. Un protocolo conservador cuxo único fin é garantir a seguridade de traballadores, artistas, técnicos e público xeral. Poderemos seguir desfrutando das mellores compañías de artes escénicas, con todas as garantías de seguridade. O aforo do Auditorio Municipal, que en circunstancias de normalidade conta cunha capacidade para 285 persoas, continúa reducido a 81, garantindo en todo momento a distancia mínima interpersoal.  Será obrigatorio en todo momento o uso da máscara de protección a partir dos 6 anos e recomendable entre os 3 e os 5.

Como sempre, trátase dunha programación elaborada desde e por o Concello de Vigo, que segue consolidando públicos, a través da diversidade de disciplinas e a variedade de estilos. Unha programación para todos os públicos composta por teatro, danza, circo, espectáculos para bebés e espectáculos de microteatro.

O programa está composto por 23 compañías, que realizarán un total de 31 funcións, con 22 espectáculos diferentes e 31 días de programación que se desenvolverá durante 3 meses, desde febreiro ata o 1 de maio. Como novidade, e ante a situación de aforos reducidos, Vigocultura realizará dous pases para cada espectáculo, para público adulto os venres e sábados, e con dúas funcións os domingos nos espectáculos familiares, en horario de mañá e tarde.

Para os máis pequenos da familia, haberá programación todos os domingos ás 12:30 e 18:00 horas, incluíndo circo, danza, teatro e espectáculos para bebés.

As funcións dos venres e sábados para público adulto están programadas para as 20 horas para poder cumprir coas restricións á mobilidade vixentes. Ante as circunstancias actuais, os espectáculos poderán sufrir modificacións nos horarios segundo as diferentes normativas que poidan ir xurdindo, garantindo en todo momento a devolución total do importe das entradas en caso de non poder asistir se estes horarios sufrisen cambios.

Os prezos dos espectáculos seguen a normativa establecida tanto pola Rede Galega de Teatros e Auditorios como polas ordenanzas fiscais municipais. Os prezos das entradas para os espectáculos para adultos serán de 8 € en xeral, 9 € no caso do Programa 3×3 (9 € cada día ou 15 € os dous días), e os dirixidos a público familiar de 5 €.

Entradas e abonos a venda en Woutick e na billeteira do propio Auditorio os venres, sábados e domingos nos horarios indicados no programa.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Localización

En algunas ocasiones la localización puede no corresponderse a la realidad.

Entradas populares