A Concellaría de Normalización Lingüística organiza (en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos) un paseo literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons.
Talasonimia, lendas e naufraxios na ría de Vigo; seguiremos o desenvolvemento da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo e coñeceremos máis sobre os nomes de lugar da nosa ría.
Guiarán este percorrido Pedro Feijoo, Xosé Lois Vilar (arqueólogo) e Gonzalo Navaza (investigador da toponimia).
Itinerario
-Data: sábado, 2 de xullo de 2016
-8:45: reunirémonos no Náutico, fronte á entrada principal (no lado das Avenidas)
-9:30: saída do barco
-Travesía e visita á illa guiada. Nelas falaremos dos lugares da novela, dos naufraxios e da toponimia da illa e da ría
-Cada viaxeiro/a poderá levar a súa comida ou xantar nos restaurantes da illa
-20:30: saída rumbo a Vigo
Prezo: 12 euros (travesía e visitas, non inclúe a comida)
Reservas de praza:
a) Dende o 20 ata o 23 de xuño, de 10:00 a 13:00, no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoranos).
En cada chamada só se poderán reservar, como máximo, 4 prazas.
Paseo para maiores de 12 anos
b) De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente
2080.5035.07.3040014164 de ABANCA
c) No “concepto” do depósito debe constar a indicación “Ons” acompañada dos números de viaxeiros que se lle outorgarán na reserva telefónica.
Logo deben enviar o comprobante do ingreso ao correo electrónico oficina@minhor.org
d) IMPORTANTE: de non enviar o comprobante antes do día 28 de xuño, será eliminada esa reserva