O Concello de Vigo, a través do programa VIGO EMPREGA ten previsto a contratación de 128 persoas desempregadas, empadroadas en Vigo, para o desenvolvemento de obras de interese social e municipal.
Os contratos serán de duración determinada de interese social, a xornada completa e unha duración de 6 meses. A selección das persoas candidatas realizarase a través do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e abarcará todo o termo municipal.
VIGO EMPREGA 2017 (1ª QUENDA)
Postos a contratar para o desenvolvemento do programa VIGO EMPREGA 1ª quenda do 2017.
Peóns de xardinería-forestal. no de postos a contratar: trinta (30)
Carpinteiro aluminio– no de postos a contratar: un (1)
Carpinteiro madeira: no de postos a contratar: un (1)
Carpinteiro metálico- no de postos a contratar: un (1)
Condutores – no de postos a contratar:
Fontaneiro – no de postos a contratar:
Electricista – no de postos a contratar: un (1)
Xardineiros/as forestais – no de postos a contratar: oito (8)
Pintor -no de postos a contratar:
Mecánico do automóvil: no de postos a contratar: dous (2)
Desinfector. no de postos a contratar:
Delineante. no de postos a contratar:
Auxiliar Topografo.no de postos a contratar: un (1)
Técnico de Prevención de Riscos Laborais: un (1)
As persoas candidatas serán enviadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), conforme ós requisitos previstos nas bases de selección aprobadas pola Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo.
- Data da convocatoria: 23/01/2017
- Prazo solicitudes: 23/01/2017 – 03/02/2017
- Bases da convocatoria (23/01/2017)
- Relacións de postos a contratar (23/01/2017)
- Solicitude de candidatos (23/01/2017)