O tema do consurso de fotografía de iste ano, convocado polo Museo Liste respode ó Lema: “Vigo, vestixios do pasado”
Co concurso preténdese fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos e etnográficos da nosa cidade.
As valoracións das fotografías atenderán os seguinte criterios:
- Estético: valorarase a beleza da fotografía e a sensibilidade á hora de recoller certos aspectos que singularicen e dignifiquen o elemento fotografado.
- Técnico: valoraranse aspectos puramente asociados á técnica desta arte.
- Documental: valorarase que as fotografías presentadas acaden o valor de documento gráfico como forma de recoller e difundir coñecemento.
Temática:
“Vigo: vestixios do pasado”. Elementos non arquitectónicos do pasado que conviven co presente na nosa cidade: petos de ánimas, fontes, mobiliario urbano, sinaléctica de rúas,… e outros tantos exemplos que reflicten os cambios producidos nos derradeiros anos.
Nota: O motivo principal das fotos non poden ser un edificio, pero sí partes del.
Participantes e categorías.
Máximo 3 fotografías por participante.
Haberá dúas categorías, para maiores de 18 anos e para menores.
Prazo de presentación das obras:
Ata o 1 de Maio de 2015. Podes envialas a través do correo [didáctica@museoliste.com]
Premios:
Aquí poderían esmerarse algo máis. Istes son os premios.
Establécense 3 premios por categoría.
Os autores das obras gañadoras recibirán unha figura conmemorativa e a exposición da súa obra durante un período de 15 días na sede da Fundación Liste – Museo Etnográfico de Vigo.
Bases para participar:
Remítovos as bases do concurso para coñecer os tamaños, e os requisitos de envío das vosas fantásticas obras. Bases Concurso Fotográfico Vigo: Vestixios do Pasado.