¿Qué hacer en Vigo?

V FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO – MATAMÁ

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

O Colectivo MALAHERBA está organizando para os vindeiros 23 e 24 de abril a V edición da Festa da SEMENTEIRA DO MILLO que terá lugar nas inmediacións do Muiño da Regueira en Matamá.

Un ano máis o Colectivo Malaherba organiza e celebra a Festa da Sementeira do Millo de Matamá os días 23 e 24 de abril.

Celebramos por quinto ano a sementeira do millo, no que facemos unha labranza tradicional con bois e a súa posterior sementeira por parte dos nenos(domingo),o sábado facemos as olimpíadas do campo pola tarde e pola noite monólogo e concertos

O sábado 23 comezaremos ás 16:00 coas xa famosas e celebres OLIMPIADAS DO CAMPO (Anótate e participa) que estarán amenizadas polo grupo de batucada BATE NO COBRE. Ás 19:00 teremos unha CHARLA/COLOQUIO: Petroglifo de Redondelos, Presente e Futuro, onde intervirán Xulio Fdez. Pintos, Xosé Lois Vilar e Manolo Ledo. Ás 22:00 teremos un monólogo a cargo de Adrián Alvarellos no que nós fartaremos de rir. Para finalizar o día mais non a festa actuarán a partir das 23:00 o grupo de música tradicional TANTO NOS TEN e o grupo agropunk OS VACALOURAS.
O domingo 24 ás 10:30 sairán os CARROS DE BOIS dende o Centro Cultural de Matamá ata o muiño da Regueira (Asistide vestidos de labreg@s), ás 11:00 realizaremos a LABRANZA e FEIRA TRADICIONAL. Ás 12:00 tocaran o GRUPO DE GAITAS, CANTAREIRAS E CANTAREIRIÑ@S da Sociedade Atlantida de Matama. Ás 14:00 teremos o XANTAR POPULAR que este ano será LACÓN+PAN+VIÑO/AUGA+CAFÉ+POSTRE por 10 euros (para RESERVAR chama o 634561319 ou enviando un correo a colectivomalaherba@gmail.com). O rematar o xantar tocarán o grupo FOL-K de COIRO da S.C. Helios de Bembrive. Xa para rematar esta gram festa ás 18:00 farase a SEMENTEIRA DO MILLO.
Aparte de todo isto teremos MUIÑADAS, PULPEIRO, POSTOS DE ARTESANIA, GRANXA RURAL, PRODUCTOS ECOLÓXICOS…

Haberá zona cuberta no caso de chuvia.

sementeira2016

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.