Hoxe venres 9 de maio Triatreros Grupo de Teatro presentará o seu espectáculo de improvisación teatral O Improperio Contraataca no local “La Fiesta de los Maniquíes” (Zona Churruca, Vigo) ás 23:00. O prezo da entrada será de 4 € e as entradas poderán recollerse no propio local media hora antes do comezo do espectáculo.
O Improperio Contraataca é un espectáculo de improvisación teatral no que non existe un guión escrito e os improvisadores teñen que sortear e improvisar baixo a batuta dos espectadores.
O público escribe frases e intervén propoñendo lugares, personaxes e ideas…Isto da lugar o un espectáculo divertido, dinámico e moi arriscado que fai que os espectadores non paren de rir e cheguen incluso a chorar coa risa¡¡
Durante todo este ano e dende fai tres a compañía realiza unha función mensual o segundo venres de cada mes na cidade de Vigo, a tempada comeza en setembro e remata cós primeiros raios de sol e a chegada da primavera. O vindeiro venres é a última oportunidade de ver a compañía en horario nocturno e no seu local de residencia.