¿Qué hacer en Vigo?

Títeres: Artello presenta Unha de amor na Sala Ártika

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Despois de ter realizado máis de 300 funcións en toda España, Brasil e Colombia, o espectáculo de Artello “Unha de amor” volve a presentarse ao público de Vigo, con catro funcións na Sala Teatro ÁRTIKA, o sábado 20 de febreiro ás 17:30 e 19:30 e o domingo 21 ás 12:00 e 18:00.

Unha de amor é un espectáculo dirixido ao público familiar  (recomendado a partir de 5 anos) creado por Rosa Hurtado e Santi Montenegro, coa dirección de Manuel Pombal, inspirándose no conto O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá, de Jorge Amado, e nas ilustracións que para o mesmo fixo o acuarelista baiano Carybé.

A entrañábel fábula cóntase mediante sorprendentes títeres de sombras e de variñas, deseñados e realizados polos propios actores lles dan vida. Coa súa sinxeleza e expresividade consiguen emocionar tanto aos cativos como aos adultos, co apoio dunha coidada banda sonora na que a música de Beethoven, Schubert ou Ravel fúndese coas voces de recoñecidos profesionais da dobraxe.

Además do recoñecemento de máis de 75.000 espectadores de todas as idades, Unha de amor recibíu o Premio á Mellor Posta en Escena e á Mellor Produción da Feria Europea de Teatro para Niñ@s de Gijón – FETEN. Tamén a crítica tense prodigado en eloxios ao espectáculo, como nestes exemplos:

  • A simplicidade do encontro do gato malhado com a andorinha é traduzida pelos espanhóis num espetáculo grandioso, sobretudo pela agilidade na movimentação dos bonecos e a incorporação da linguagem cinematográfica. (K. Henrique, Correio Braziliense)
  • A fábula de Jorge Amado foi a orixe de dúas das producións máis engaiolantes do festival [Titirimundi de Segovia] . As dúas compañías españolas acertaron na creación dun mundo onde o amor verdadeiro non atopa lugar fronte aos prexuízos e a hipocrisía. (Miguel Romero, Profesor de Escenografía da Universidade de Massachussets. Tradución na revista Bululú, nº0)
  • Artello atrévese con Unha de amor cun plantexamento arriscado que nunca antes viramos en Galicia. Sáelles ben e o público vai notalo para a súa ledicia. O dito: non esquezades ós máis cativos da casa. (Francisco Castro, Atlántico Diario)
  • Un espectáculo de sombras y títeres que desborda poesía e imaginación, dos cualidades cada vez menos comunes en el mundo de los adultos. (J. L. Oubiña, Faro de Vigo)
  • La obra Unha de amor , de Artello-Teatro Alla Scala 1:5, a través de una producción artesanal de títeres y sombras embelesó al público que, paradójicamente, era en su mayoría adulto. (Elena Silveira, La Voz de Galicia)

Mercar entradas en ticketea.com para Unha de Amor na Sala Ártika.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.