Pásovos a programación do Teatro Aforo para este fin de semana!
Microteatro: Breverías (28 y 29 de abril)
1- Sala Naranja: O PODER DUN COMPROMISO, interpretado por Pilar Dios, Majo Villar, María José Martínez, Ventura Luaces y Voz en directo de Miriam Pérez.
2- Sala Roja: EL DÍA SIGUIENTE, interpretado por Constance Hurlé.
3- Sala Verde: Teatro visual: MANUELA, interpretado por Inés Piñeiro y Alba Grande
Hora: 20:00 horas.
Precios: 1 sala: 3 euros; 2 salas-: 3 euros; 3 salas: 7 euros.
Reservas en 625372883/teatroaforo@hotmail.
Este xoves 27 inagurouse unha exposición que permanecerá ata o 27 de xullo.
Exposición Arte de Cachivache en TEATRO AFORO
A artista plástica Ruth Rodríguez, naciu en Vigo no ano 1990. Creceu rodeada de barro, nudos e debuxos da man do seu pai, afeccionado a diferentes prácticas artísticas. Logo de rematar os seus estudos en Educación Social na Universidade de Santiago de Compostela, rexorde nela o desexo artístico e decántase por comezar o Grao en Belas
Artes no 2017.
Na actualidade realiza ditos estudos na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra. Este feito a motiva para crear Arte do Cachivache, un proxecto de suprarefugallo que rescata elementos antigos e lles devolve á vida cun novo uso, orixinal e funcional, elaborando unha simbiose entre o interese persoal e os contidos acadados en Belas Artes e influenciándose de artistas como Edouard Martinet, Alexander Calder e outros.
A exposición é unha mostra de vinte pezas na que podemos atopar diferentes obxectos que nunca son o que parecen:
Dende un teléfono dos anos 50 convertido nun reloxo, ata un baúl transformado nun camerino de teatro.
A imaxinación, a motivación artística e o amor polas antigüidades son os piares de Arte do Cachivache.
Ademais da imaxinación e creatividade que desborda na exposición, podemos obsevar nela un componente de teatralidade moi atractivo, razón polo que se inserta no espacio de Teatro Aforo, sita na Rúa Colombia, número 40, interior.
A exposición extenderáse ata o 27 de xullo de 2018.