¿Qué hacer en Vigo?

Supermarket

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Iste Sábado 18 de Octubre temos na axenda un deses eventos que chámanos a atención: Supermarket. 1 hora de risas dun xeito poético no centro social e cultural Bou Eva.

Por que brillan tanto as mazás? Que ten dentro o Colacao? É mellor limpar con lixivia ou con disclín? E sobre todo… van os expresindetes do goberno ao Supermercado?

SUPER-MARKET ofrece ao espectador 59,99 minutos de poesía e sobre todo: comedia. É por iso que ven definido como Stand Up Poetry xa que se achega moito ao espectador dende o humor, pero dun xeito poético. Un espectáculo vertebrado arredor da idea dun supermercado no que se venden os textos do propio show, a modo de tupper-sesión. Versos frescos e libres que abordan temas de plena actualidade nun súper: as rutinas de traballo, o malgasto de comida, os ingredientes dos produtos ou os conservantes que poden chegar a ter, os conflitos coas datas de caducidade e consumo preferente, os tratamentos embelecerdores das froitas e verduras… E todo dende un ollar humorístico, cítrico, satírico… e moi romántico.

SUPER-MARKET nace da necesidade de mesturar as diferentes disciplinas artísticas polas que transita Esther F. Carrodeguas: a escrita poética, o recitado, a interpretación, o clown ou a investigación xornalística (en referencia á alimentación nos supermercados, neste caso). Todo isto cociñado coa man e experiencia de Xavier Castiñeira, que consegue que a receita deseñada por Carrodeguas fique no seu punto perfecto de cocción.

Entrada 3€

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Localización

En algunas ocasiones la localización puede no corresponderse a la realidad.

Entradas populares