Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.
Teatro no auditorio do Concello da man de Aporía Escénica o venres 19 e sábado 20 de Febreiro
Soga e Cinsa, tríptico renacentista para 11 bruxas en 92 minutos, aborda a caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII, co obxecto de visualizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista.
Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen en escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do decoñecemento.