Sés presenta «Rabio ao silencio»

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Sés, o maior fenómeno da música galega, presenta este sábado 6 de abril no Teatro Afundación de Vigo o seu último disco, ‘Rabia ao Silencio’, logo de esgotar localidades na Coruña, Pontevedra e Santiago. 

Desta volta Sés proponnos un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten afeitos, para traer á Galicia do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil…), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos PueblaVíctor JaraMercedes Sosa, Zeca Afonso ou Fuxan os Ventos, entre outros. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

‘Rabia ao Silencio’ (Altafonte, 2019) é un traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor adaptadas pola autora. Todas elas están ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron. Sés escolleu cancións cunha historia detrás, que explica minuciosamente no libreto do disco: as ditaduras uruguaia e arxentina en letra de Benedetti ou Atahualpa Yupanki; a emigración galega vista por Fuxan os Ventos; a revolución sandinista; a cubana en boca en Carlos Puebla; un corrido popular mexicano dos tempos da revolución ou unha canción-denuncia da discriminación da comunidade negra dos anos 30. 

Segundo a propia autora, “Rabia ao silencio’ é unha débeda contraída con quen me esinou a pensar musicando e narrando a verdadeira historia e non a dos vencedores. Máis que coma un traballo propio, está concibido coma unha homenaxe a persoas que nos legaron grandes valores; ademais nun momento sociopoliticamente miserábel e artisticamente pobre. Agora que se confunde a profesionalidade musical coa indiferencia, o individualismo e a covardía, ‘Rabia ao silencio’ era unha obriga para min”.

Xira por teatros

A ‘Rabia ao Silencio’ que cantaba Atahualpa Yupanki da nome ao sexto traballo da cantora que levará por teatros de todo o país nos vindeiros meses cunha formación de trío: con Sés á voz, guitarra e percusión; Sabela Galván á voz, acordeón e frauta; e Tito Calviño á guitarra. Estas son as datas confirmadas polo momento: 

15 marzo – A Coruña (Teatro Rosalía) – ESGOTADAS

30 marzo – Pontevedra (Teatro Principal)- ESGOTADAS

5 abril – Rianxo (Auditorio de Rianxo)

6 abril – Vigo (Teatro Afundación)

13 abril – Santiago (Teatro Principal) – ESGOTADAS

4 maio – Ribadeo (Auditorio Hernán Naval)

11 maio – Ourense (Auditorio Municipal)

19 de maio – Ferrol (Teatro Jofre)

O fenómeno da música galega

Sés é o fenómeno dos últimos anos da música galega. Logo de editar en 2018 unha revisión do seu disco de debut, do que vendeu máis de 5.000 exemplares e co que fixo máis de 70 concertos por toda a Península con entradas esgotadas en boa parte deles, volve aos teatros con este traballo especial mentres xa está a gravar o seu próximo disco de temas inéditos, que sairá a luz a comezos de 2020. 

Cunha carreira que non parou de medrar desde que publicou o seu primeiro disco en 2011, SES triunfou en Galicia e máis aló grazas á súa proposta ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, con espazo también para a alma de ‘cantareira’ que hai no seu interior.

Máis información:

www.ses.gal

Compartir es vivir!

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram

Fecha de actualización:

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Contenido relacionado:

Concierto
Redacción

Michael Kiwanuka

Desde que publicó su primer álbum en 2012 Home Again, el cantante y compositor Michael Kiwanuka no paró de recibir elogios y ser comparado con grandes de

Concierto
Redacción

Belén Aguilera

Pianista y cantante conocida por compartir sus presentaciones a través de su cuenta de Instagram para sus 180.000 seguidores. También es reconocida por aparecer en

Concierto
Redacción

Porridge Radio

Cada vez parece más claro que las mujeres son las encargadas de mantener viva la llama del rock, algo que ya habíamos visto con ejemplos

Concierto
Redacción

Eternal Idol

The Eternal Idol es el decimotercer álbum de la banda de heavy metal británica Black Sabbath, lanzado en 1987. Es el primer álbum de la banda en que aparece Tony Martin. El álbum

Concierto
Redacción

Rojuu

La esperada gira de Rojuu para 2022 ya es una realidad, esta vez, con un nuevo formato de directo en el que irá acompañado por

Ir al contenido