¿Qué hacer en Vigo?

Sendeirismo e patrimonio pola Ruta Máxica

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Este domingo 27, a Asociación Costa dos Castros convida á xente a participar nunha ruta de sendeirismo pola Ruta Máxica de Oia.

Coa colaboración da tenda de deportes Decathlon de Vigo, a asociación anima a quen queira participar a facer deporte mentres coñece algunhas das xoias patrimoniais da zona, como o castro e petróglifos da Cabeciña e o castro de Cano dos Mouros.

A ruta comezará ás 10 da mañá este domingo 27. Será unha variante circular da famosa Ruta Máxica cunha lonxitude de 15 km e dificultade media-baixa. O punto de saída e de chegada é o Cámping O Muíño en Mougás, Oia.

Para participar hai que inscribirse previamente na tenda Decathlon de Vigo, tanto fisicamente na tenda ou no teléfono 986406501.

A participación ten un custo de 3€ que se abonarán no mesmo día da ruta. O custo inclúe o seguro, avituallamento ofrecido por Decathlon e o guía que fará pequenas explicacións dalgúns dos xacementos polos que pasa a ruta. Non inclúe xantar, polo que cada participante deberá traer a súa propia comida.

cartel-ruta-máxica-circular.jpg

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.