¿Queres vivir una verdadeira aventura en pleno centro de Vigo? Esta Semana Santa 2017, Naturnova abre as súas portas para que todos e todas poidades pasar una estupenda tarde en familia descubrindo os misterios máis fondos da natureza e do medio.
Marca xa no calendario os días 11, 12 e 15 de abril porque, de 17:30 a 20:30, tes unha cita co noso museo interactivo na rúa Velázquez Moreno. Un museo único na cidade no que poderás facer unha viaxe submarina, tocar unha nube ou adentrarte nas profundidades do Sistema Solar.
Se queres o plan perfecto para a túa familia non dubides en visitarnos. O noso Pintafontes ten un verdadeiro reto preparado para ti e aqueles que consigan superalo recibirán un estupendo agasallo á saída! Iso si, se sodes máis de 10 persoas, non vos esquezades de avisar no 986120088 ou no noso enderezo de correo, naturnova@afundacion.o
Esta Semana Santa esperámoste en Naturnova. Acompáñanos!