Celebra o Samaín na asociación Xaruma (Teis). O 31/10 teñen preparada unha tarde de Cine e Chocolate.
O vindeiro 31 de outubro, ás 19.00 horas, faremos unha sesión de cine e chocolate na nosa entidade, aberto a todos os públicos. Chocolate quente para todos e todas e a película “O Apóstolo” de Fernando Cortizo, un film galego de Stop Motion en 3D nominado aos Goya o pasado ano (apta para todos os públicos).
“Un convicto recén fugado de prisión tratará de recuperar un botín escondido anos atrás nunha apartada aldea, pero o que alí atopará suporá unha maior condena da que conseguíu escapar. Extraños anciáns, almas en pena e ata o arcipreste de Compostela interporanse no seu camiño”.
A entrada é de balde ata encher aforo, mais precisamos previa inscrición a través da nosa páxina web ou por teléfono.