Pasámosvos o programa do fin de semana na Sala Ártika coa representación do seguinte/s espectáculo/s.
Sala Ártika – Programación
Venres 28 – 23 horas:
“Burlesque night”.
Miss LaCé está de volta na cidade cun no novedoso Cabaret permanente que inundará a Sala Ártika de Vigo da millor picardía, sensualidade e Glamour nunca vistos. Un Show con artistas convidados que acompañarán a nosa anfitriona xunto a Rony Flamingo e moitas sorpresas máis. O espectáculo ten un aforo limitado e coa compra das entradas incluese unha consumición gratuita.
Sábado, 29 e Domingo 30 – 18 horas:
Canta connosco!! De Migallas.
En Canta connosco! combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas. Os temas que se tratan entre outros son: o coidado das mascotas; o consumismo na compra de xoguetes; a lectura como pracer fronte á TV e ós videoxogos; a importancia da imaxinación; o xogo do teatro; cancións que axudan a estudar; etc. Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: “Dime que fixeches”, “O esqueleto”, “O libro máxico” e “Ai, Patín!”.