¿Qué hacer en Vigo?

Sábados de parranda teatral con Impronews

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

O 12 de marzo novo plan teatral improvisado na sala Ártika. Tomade nota se queredes pasar un sábado diferente!

Impronews de Triatreros é un espectáculo cómico, divertido e trepidante onde os espectadores deciden que queren ver sobre o escenario.

Música, cabaret, improvisación para gozar da noite de sábado dun xeito diferente. Impronews é un late night improvisado por catro versátiles actores e unha banda de “afinadísismos” músicos. Este equipo de risa terá que compoñer as escenas que o público queira ver sobre o escenario.

Antes do comezo do espectáculo os asistentes recortarán as noticias de periódicos e revistas e a partir destas, e sen tempo para poñerse da cordo, os improvisadores terán que ir creando as escenas e xogos dramatizados. Todo totalmente improvisado!!

En esta ocasión ademais estarán convidadas a presentarnos o seu espectáculo as mozas de “No es país para coños”.

noespaisparacoños

Día: sábado 12 de marzo

Lugar: Sala Ártika (Avd. Beiramar, 113 Vigo )

Prezo de entrada en taquilla:7€

Prezo de entrada anticipada 6€ en ticketea.com

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.