O Centro Comercial Aberto “As Travesas” pon en marcha a III Ruta do Pincho como forma de atraer máis visitantes e reforzar o Comercio e a Hostalería da zona das Travesas.
Do 2 o 18 de xuño pinchos a 1€ na zona das Travesas (tes que ter o tríptico); e polo visto nas fotos os pinchos teñen boa pinta!
Así é a Ruta de Pinchos As Travesas
Tedes que conseguir o tríptico mercando nos comercios da zona de As Travesas, o cal contén tres “bonopinchos”: Teredes que ir a tres establecementos distintos para probar o “pincho” e conseguir o selo, o cal vos dará a posibilidade de participar no sorteo -para dúas persoas- dunha estancia no Hotel Talaso Atántico de 1 noite (2 días), aloxamento en habitación dobre estándar, almorzo buffet, cea concertada no Restaurante Faro, 1 acceso por persoa ó percorrido mariño. (Válido de domingo a xoves agás festivos, Semana Santa e Agosto).
Os clientes pagarán 1 € por cada pincho, cando o seu prezo normal sen o bono é de 1,80 €. (O pincho deberá de ir acompañado de calquera bebida que será aboada no seu prezo total polo cliente.)
O tríptico servirá a súa vez de rueiro e de papeleta de voto para premiar o mellor pincho da ruta, en base a súa presentación, sabor e orixinalidade. Unha vez conseguido os tres selos, terás que cubrilo co teu nome e o teu teléfono, e poderás depositalo nas urnas instaladas en cada establecemento.