¿Qué hacer en Vigo?

Roteiro polo espazo natural das Gándaras de Budiño

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Roteiro polo espazo natural das Gándaras de Budiño o 06 de Xuño.

Co gallo do DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE, a SGHN, Verdegaia e AHE organizan, este Sábado 06 de Xuño, un roteiro polo espazo natural das Gándaras de Budiño.

O percorrido é circular, de dificultade baixa e realizarase coa axuda dun guía ambiental.

Sairemos ás 10:00 h. do aparcadoiro dos observatorios das Gándaras de Budiño (O Porriño) onde tamén rematará a ruta en torno ás 14:00 h.

O itinerario será: lagoa e barreira de Orbenlle, turbeira do Cerquido, turbeira de Albelos, Ribadelouro, bosque de ribeira do Louro e lagoa de Orbenlle.

Entre os valores naturais que alberga a Zona de Especial Conservación “ZEC Gándaras de Budiño”, destacan os hábitats prioritarios como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese comunitariao como as breixeiras húmidas, que albergan unha gran biodiversidade. Destacan as poboacións de varias especies moi ameazadas e cunha área de distribución moi restrinxida en Galicia como o sapoconcho común (Emys orbicularis), o charneco (Anas crecca) que atopa nas Ribeiras do Louro o seu único punto de cría regular na Península Ibérica, o caracol Elona quimperiana, a vacaloura Lucanuscervus e o capricornio Cerambyx cerdo.

Para chegar hai varias alternativas:

. en bus, coller o ATSA Vigo-A Guarda na estación de buses de Vigo ás 09.30 (saír na parada da saída 21 “Gándaras Sur” da autovía A-55 Vigo-Tui)

. en bus, coller o ATSA A Guarda-Vigo que pasa por Tui ás 09.40 (saír na parada da saída 21 “Gándaras Sur” da autovía A-55 Tui-Vigo)

Consultar horarios detallados en http://www.verdegaia.org/images/Vigo-AGarda-ATSA.pdf

. en coche, coller a saída 21 “Gándaras Sur” da autovía A-55 Vigo-Tui

Contacto: 675 355 469

*Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a tódalas persoas interesadas. Cada participante é responsable único das súas accións e accidentes que puideran producirse. Os convocantes da actividade non se responsabilizan a nivel persoal nin colectivo dos accidentes que podan ocorrer.

Cartel Roteiro Gándaras 2015 06

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.