A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un roteiro literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons.
Seguiremos o desenvolvemento da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo e coñeceremos máis sobre os nomes de lugar da nosa ría. Guiarán este percorrido Pedro Feijoo, Xos Lois Vilar (arqueólogo) e Gonzalo Navaza (investigador da toponimia).
Itinerario
Data: sábado, 20 de xuño de 2015
8:30: reunirémonos a carón da estatua de Julio Verne (nas Avenidas, ao carón do Náutico) para dende alí achegarnos ao peirao para embarcar.
9:00: saída do barco do peirao -Travesía e visitas á illa, guiadas.
Nelas falaremos dos lugares da novela, dos naufraxios e da toponimia da illa e da ría
Cada viaxeiro poderá traer a súa comida ou concorrer aos restaurantes da illa
18:30: saída rumbo a Vigo
Prezo: 10 euros (travesía e visitas, non inclúe comida)
Reservas de praza:
a) Dende o 8 de xuño, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoranos)
b) De lle confirmar a praza, deberá facer o aboamento na conta corrente á 2080.5035.07.3040014164 de ABANCA
c) No “concepto” do depósito debe constar a indicación “Ons” acompañada do número de viaxeiros que se lle outorgarán na reserva telefónica. Logo deben enviar o comprobante do ingreso ao correo electrónico oficina@minhor.org
d) IMPORTANTE: de non enviar o comprobante antes do día 17 de xuño, será eliminada esa reserva