¿Qué hacer en Vigo?

Roteiro guiado areais de Barra e Cabo Home

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Temos información sobre un novo roteiro guiado polos areais de Barra e Cabo Home. O 7 de Maio (inscricións previas). Velaquí toda a info:

Neste roteiro mostraremos os segredos que gardan as prantas dunares, aprenderedes a distinguir rastros e sinais de animais, os ensinaremos para qué serve o bosque de ribera e os antigos muiños de auga, iremos en busca de aves forestais e mariñas, poderemos deleitarnos coas vistas das Illas Cíes dende o Monte Facho, no que tamén coñeceremos os misterios da antiga Cultura Castrexa. Percorreremos a Costa da Vela, visitando os seus faros, e tomaremos o almorzo campestre na Praia de Melide, onde, se acompaña o bo tempo, poderedes darvos un bo baño !!
Un percorrido completo, cheo de encanto, onde desfrutaremos da visión das Cíes sempre como marco de fondo.
PERCORRIDO: Aparcamento Praia de Barra – Areais de Barra-Donón – Monte Facho – Praia de Melide – Praia de Barra -Aparcamento e fin da excursión.

ONDE: Costa da Vela (Cangas do Morrazo)
DURACIÓN: 10:00 A 17:00 h
DIFICULTADE: Baixa. Apta para toda a familia (Nenos a partir de 12 anos).
TARIFA: 12 euros/persoa
QUÉ INCLÚE: Servizos de guía de natureza + material de observación + Seguro RC

Para participar é preciso inscribirse previamente. As prazas son limitadas.
INFORMACIÓN / RESERVAS:
Chama ao 662 140 027
Ou manda un correo a info.alados@gmail.com

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.