Os vindeiro domingo 14 e o luns 15 de xaneiro celebrarase a tradicional ROMARÍA na honra a SAN AMARO na parroquia de Matamá (Vigo).
San Amaro en Matamá
A esta Romaría, que é a primeira do ano, acoden dende tempos inmemoriais, multitude de persoas da comarca de Vigo e arredores.
O culto a este santo, rexistra unha gran afluencia de fieis para curar os males da reuma e os problemas de movilidade, para elo lévase a cabo un ritual que consiste en dar voltas a capela cargando uns exvotos que representan a pernas e brazos e que se collen no interior do templo.
Logo deste ritual, son moitos os romeiros que se acercan aos furanchos da zona para degustar a orella, a cacheira, os chourizos,… acompañados cun bo viño para escorrentar o frio.
A festa ten un amplo programa musical e de actividades durante os dous dias de celebración.
Cartel San Amaro 2018, Matamá, Vigo.