Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.
A poeta irlandesa Lorna Shaughnessy e a galega Elvira Ribeiro inician en Vigo o ciclo de lecturas “A Malinche”.
O recital terá lugar o próximo xoves 14 de abril ás 20:00h no Mishima Café do Libro, moi próximo á Praza da Independencia.
Unha boa ocasión para gozar ao vivo da mellor poesía en inglés e galego. O acto será presentado polo poeta irlandés residente en Vigo Keith Payne.