Pasámosvos o programa de actividades no Centro de Visitantes das Illas Atlánticas do 31 de xullo ó 5 de agosto.
Comezamos a semana cargadiña de actividades no centro de visitantes das Illas Atlánticas no edificio Cambón.
Esta semana podedes descubrir os segredos naturais e culturais dos arquipélagos que forman parte do parque nacional coas visitas guiadas que organizamos polo centro de visitantes todos os martes e mércores. O xoves continuaremos cunha charla temática sobre a vida na Lagoa dos Nenos das Illas Cíes. O venres, o clásico cine en verde, cunha película documental sobre as oríxenes da vida nos océanos. E para rematar a semana, o sábado organizaremos unha actividade infantil “Mírame o peteiro e saberás o que como”.
Esperámosvos no centro de visitantes das Illas Atlánticas.