¿Qué hacer en Vigo?

Primavera do Cine 2015

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Xa está publicado o programa do festival primavera do cine 2015 que terá lugar entre o 2 e o 7 de Xuño de 2015 en Vigo.

4ª edición

O Festival Primavera do Cine en Vigo xorde no ano 2012 debido á necesidade de crear novos canais de exhibición para filmes feitos polos profesionais do audiovisual de Galicia.
Deste modo, estes traballos chegan axeitadamente ao seu público.

Ao longo das edicións anteriores puidemos observar un aumento de interese e asistencia de público ata superar no 2014 os 2000 espectadores, así como un maior número de obras presentadas, superando xa as 200.

Cine galego e lusófono en Vigo

Ao longo de 5 días, disfruta en Vigo do mellor do audiovisual galego: longametraxes, curtametraxes e videoclips.

O público seleccionará a mellor obra en cada unha destas categorías.

A edición 2015 do festival acollerá tamén unha mostra de cine lusófono, fóra de concurso.

Ademais doutras actividades:

  • debates acerca do audiovisual galego

  • proxección de peliculas mudas musicalizadas en directo polo trío musical Caspervek.

Curtametraxes musicalizadas en Vivo

Esta edición proponse dar a coñecer aos máis pequenos o cine máis clásico, a través da proxección de curtametraxes musicalizadas en vivo polo trío musical Caspervek.

As proxeccións: “Les Kirike” e “A Casa Encantada” de segundo de Chomón, “O Inmigrante” de Charlie Chaplin e “Félix o gato”.

No Auditiorio do Concello, xoves 4 e venres 5 de xuño

Máis info: Programa festival primavera do cine.

https://www.facebook.com/primaveradocine/posts/673456686119925

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.