¿Qué hacer en Vigo?

Preestrea 2 tempada Webserie Dalle Jas!

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

A webserie de humor Dalle Jas! celebra este mércores 28 de setembro a preestra da súa segunda temporada no Auditorio do Concello de Vigo cunha gala que estará amenizada polos membros do Grupo de Teatro Triatreros.

No acto, que dará comezo ás 20.30 horas e será de balde, proxectaranse os dous primeiros capítulos da nova temporada que continúa coa trama anterior, na que catro completos descoñecidos emprendían unha viaxe en coche de Galicia a Madrid, chea de aventuras e despropósitos, sempre en clave de humor.

Nesta segunda temporada, na que o humor segue a ser o ingrediente principal, repiten baixo a dirección de J.M Sagüillo, os actores e actrices da compañía Triatreros Bea Campos, Tone Martínez, Omar Ferrín, Alba Bermúdez e Martín Martínez, que dan vida aos protagonistas da webserie e que estarán acompañados por invitados especiais coma Toni Salgado, Miguel Borines, Fran Lareu, Xoan Abreu, ou Machi Salgado entre outros.

A primeira temporada de Dalle Jas!, que viu a luz entre finais do 2014 e principios do 2015, conseguiu nominacións en distintos festivais de webseries coma o Bilbao Web Festival, (mellor comedia, mellor serie, mellores créditos e mellor personaxe) ou o Miami Web Fest. Ademais, optou ao premio Mestre Mateo na categoría de mellor webserie na pasada edición dos galardóns.

O equipo de Dalle Jas! quere convidar a todos/as aqueles/as que queiran pasar un rato divertido e disfrutar do humor galego a se pasen polo Auditorio do Concello de Vigo o próximo mércores.

cartel_2t.jpg

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.