¿Qué hacer en Vigo?

Paseos polo Vigo literario

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Axiña temos novas visitas guíadas en Vigo cos Paseos polo Vigo literario. Do 9 de Maio ao 23 de maio, repartidos en tres saídas guiadas, a Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan tres paseos polo Vigo literario co nome Paseos polo Vigo literario.

O Sábado 9 de Maio, roteiro guiado por Pedro Feijoo. Saída dende a oliveira do Paseo de Afonso XII. A saída tendrá lugar ás once e media da mañá. Saída A Oliveira. No Paseo de Afonso XII, no número 2, ten o seu estudio o inefable Simón Varela, desde onde podemos baixar até a Porta do Sol, perdéndonos polo caso vello da cidade, tras os pasos de Daniel e León Beiroa. Desde a Porta do Sol e o teatro García Barbón até o calexo dos Caños, onde a Simón e a Mariña case lle parten os fociños os secuaces de herr Wessler, para descubrir a historia da vella rede de túneles esquecidos da cidade. A continuación baixariamos até a Alameda e desde aí ao Náutico, para, na compaña do mesmísimo Verne, botar un ollo ao noso redor, á procura da cidade case desaparecida…

O Sábado 16 de Maio, roteiro guiado por María Reimóndez. Saída, informarase do lugar de saída uns días antes do sábado. A saída tendrá lugar ás once e media da mañá. Saída por determinar. Fronte ao desenraizamento, ela escolleu transplantarse, botar raíces aéreas e traer canda a si a montaña ao mar. Gaia, a protagonista de En vías de extinción percorre diferentes espazos mais a súa vida aséntase xa de forma definitiva na cidade ampla que acolle, de brazos abertos, o indómito e biodiverso. Vigo é tamén o espazo de intersección entre o ficcional e o vital para María Reimóndez quen neste percorrido nos levará polos espazos desta obra e compartirá tamén en exclusiva fragmentos da súa próxima novela A música dos seres vivos.

Paseos polo Vigo literario
Foto de Septem Trionis.

O Sábado 23 de Maio, roteiro guiado por Francisco Castro. Saída da praza da Constitución. A saída tenrá lugar ás once e media da mañá. Saída Praza da Constitución. Dende a Praza da Constitución desprazarémonos ata a Porta do Sol, ao edificio onde estaba ubicado El Pueblo Gallego, que serviu de inspiración para recrear o Eco de Vigo, o xornal onde traballa o pai do protagonista. Baixaremos cara o Teatro García Barbón, para parar na antiga sede da churrería ‘Bonilla’ de camiño cara á rúa Luis Taboada, rúa que albergaba a enigmática imprenta da novela Tes ata as 10. A Praza de Compostela-Alameda e o Porto Deportivo encamiñarannos cara á estatua de Xulio Verne, protagonista da cidade e nda novela.

Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben indicar a cal/es paseo/s irán). Inscrición por orde de chegada do correo. Prazas limitadas a 50 persoas

Máis información: Paseos polo Vigo literario 2015.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.