¿Qué hacer en Vigo?

Paseo literario por Bouzas

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este paseo literario por Bouzas o sábado 26 de novembro. A duración do mesmo será de 2 horas (levade calzado cómodo) e comezará ás 11:00. O punto de encontro será a Igrexa de Bouzas.

Para se inscribir deben enviar o seu nome completo e teléfono ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org, a partir do día 21 de novembro, ás 9:00

Paseo mariñeiro e literario por Bouzas

En Bouzas atopamos as pegadas dun vivir mariño e mariñeiro; esa é a esencia e identidade do seu casco histórico. Nesta andaina por Bouzas imos rastrexar esa ligazón de Bouzas co mar, unha vila que naceu ao carón do mar para vivir do mar.
Miraremos as casas das familias mariñeiras e as casas das familias armadoras ou propietarias de estaleiros. Contemplaremos as fábricas que naceron para explotar o mar, ou os vestixios que permanecen.
Os estaleiros, enfiados un detrás doutro, tamén serán motivo da nosa andaina.
E falaremos do sal, que durante moitos séculos permitiu conservar o peixe, e tamén deixou pegada en forma de topónimo.
bouzas

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.