Paseo literario polos areais vigueses ata Panxón, percorrido da novela de Domingo Villar A praia dos afogados o vindeiro 18 de xuño.
A Concellaría de Normalización Linguística organiza un novo paseo literario e toponímico polos areais vigueses ata Panxón. O traxecto farase en autobús.
Data: sábado, 18 de xuño de 2016
Horario:
saída ás 9:30, fronte Casa do Concello, na Avda. das Camelias
regreso ás 14.00 ao mesmo lugar
Percorrido:
Dirixímonos, pola costa, aos escenarios da novela de Domingo Villar A praia dos afogados para irmos reparando nos nomes tradicionais dos areais vigueses. Continuamos cara Paxón, a praia da Madarroa e Monteferro.
Xosé Lois Villar será o guía deste paseo toponímico e literario.
Custe do paseo: 3 euros (para autobús)
Número de prazas: 50
Para reservar praza:
Deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 a partir das 10:00 do día 13 de xuño.