Xa faláramos sobre a actuación que Roberto Vilar tiña que facer en Vigo e a data bótase enriba (24 de Maio). O seu ‘Chou’ chámase ‘A cabeza non Para!!!!!!’ frase que fíxoo célebre hai ben pouco nun programa de TVG (Land Rober).
Roberto Vilar, por primeira vez nos seus vinte anos de carreira profesional, acepta o reto de levar aos teatros o seu humor.
Un show de cen minutos baseado en sketchs e cos seus personaxes máis coñecidos, onde non faltará o popular Felipe II de Histerias de Hospital e que contará tamén coa colaboración especial de Manolito el Pescador.
Un espéctaculo único con grandes doses de improvisación e interacción co público no que calquera se pode converter en protagonista.
Entradas a venda:
Xa a venda as entradas cuns prezos que van dende os 10 ata os 18€ aproximadamente.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=cdzV_uafd1A