No marco da programación do Ano da Lingua, o departamento provincial de Cultura e Lingua leva por todas as comarcas da provincia o universo Bolechas para que toda a rapazada poida coñecer a riqueza do noso idioma ao longo e ancho de todo o país.
“Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego” propón un itinerario dividido en 12 espazos que, ademais de á aprendizaxe, convidan á experimentación e á diversión. Neles as cativas e os cativos poden interpretar cancións e mesmo protagonizar a súa propia representación teatral. A mostra, ademais de participativa e didáctica, tamén é inclusiva e multisensorial e atende ás necesidades de todas as persoas, incluso ás daquelas que teñan algún tipo de dificultade ou discapacidade.
Os centros escolares poderán concertar visitas guiadas con grupos de primaria.
Horario da exposición:
De luns a venres, de 10 a 13:30 h e de 16 a 20 h
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 14 h e de 16 a 20 h
Visita gratuíta