Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.
ORIGINAL BLUES BROTHERS BAND, blues na Porta do Sol o 20 de agosto ás 23 horas.
Concerto na Porta do Sol da Original Blues Brothers Band.
A lexendaria banda de blues e soul fundada en 1978 polos actores Dan Aykroyd e John Belushi, que se fixo mundialmente famosa tras o éxito da película The Blues Brothers, coñecida en España como “Granujas a Todo Ritmo”, é un dos espectáculos máis divertidos e de maior calidade que poida gozarse en todo o planeta, e conserva intacto o sabor dunha época de ouro da música popular. Con dous dos seus membros orixinais aínda ao fronte, Steve Cropper e Lou Marini, e grandes músicos como John Tropea, Leon Pendarvis, Eric Udel ou Lee Finkelstein que levan décadas no grupo.