A concellería de xuventude de Vigo programou uns obradoiros interesantes para o mes de maio. Se tes ata 35 anos pode que che interese algún deles.
Os obradoiros abarcan temáticas varias como por exemplo aprender a crear un blog con blogspot, un obradoiro para os interesados en coñecer o mundo dos Youtubers, ferramentas informáticas na nube para traballar…
Trátanse de cursos gratuitos previa inscrición. Tamén deixámosvos cun enlace o pdf co programa de actividades.
Obradoiros Xuventude Vigo – Maio 2016:
1.- Blogspot: crea un blog de forma sinxela: 9 e 10 maio (17:00-19.30 h)
2.- Youtubers: 11 e 12 maio (17:00-19:00 h)
3.- Informática para traballar I: Ferramentas Google e Outlook: Do 23 ao 26 maio ( 18:00-20:30 h)
4.- Iniciación á mecanografía: nocións básicas: Do 23 ao 26 maio (17:00-18:00 h)
5.- Alfabetización dixital: 30, 31 maio , 1 e 2 xuño (17:00-18:00 h)
6.- Primeiros Auxilios: 27 maio (16.30-20.30 h)
7.- Iniciación ás hortas ecolóxicas: 20 e 27 maio (16.30-18.30 h)
8.- Xornada de intercambio Bloggers: 3 xuño (17:00-19.00 h)
9.- Traballos para o verán: 4 de maio 17:30 h
10.- Bolsas e axudas para residencias universitarias e outras: 9 de maio 17.30 h
11.- Novidades no Interrail 2016: 11 de maio 12:00 h
12.- Crear e xestionar Asociacións Xuvenís: 18 e 19 maio 17:00-20:00 h