Despois de tres semanas nas que o público encheu o #salóndomarco para descubrir que A poesía non morde, aínda que ás veces debería, o ciclo de obradoiros de achegamento á poesía organizado polo Festival PoemaRia encara a súa recta final.
A penúltima sesión será o vindeiro martes 6 xuño (19:30; MARCO) e estará dirixida pola poeta María Lado, quen nos convida a achegarnos aos poetas galegos contemporáneos que falan do mar, poetas mariñeiros e mariñeiras, tanto de oficio (porque son moitos os poetas contemporáneos que son realmente mariñeiros) como de temática. Será un pequeno percorrido polo mar, especialmente o da Costa da Morte, e as súas ligazóns poéticas doutros tempos e lugares.
Tamén analizará a repercusión que o desastre do Prestige tivo na lírica galega, tanto como tema, enfoque ou reivindicación.
A entrada é de balde e non é necesaria inscripción.