¿Qué hacer en Vigo?

O lago dos cisnes sobre xeo

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Entre o 13 e o 17 de maio no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13), nun total de oito funcións, a última producción de Imperial Ice Stars, O lago dos cisnes sobre xeo.

Unha espectacular versión do clásico de Tchaikovski que situará sobre o escenario 25 patinadores que suman máis de 200 medallas, logradas en competicións mundiais, europeas e nacionais.

O lago dos cisnes sobre xeo é un espectáculo para todos os públicos no que The Imperial Ice Stars adaptou as coreografías clásicas para representar unha nova versión da historia de amor entre Odette, a princesa cisne, e o príncipe Siegfried, que deben loitar contra a maldición do conde Von Rothbart, quen pretende casar a súa filla Odile co príncipe e controlar así o poder do reino. Nesta adaptación, a obra ofrece un espectáculo de patinaxe de nivel olímpico, con exercicios ximnásticos no aire, dobres e triplos axels e espectaculares elevacións, únicas e características de Imperial Ice Stars «destinados a emocionar ao público coa súa habilidade e sublime destreza acrobática. «

A compañía elixiu para esta montaxe, que é a súa produción insignia e suma xa tres xiras mundiais, os mellores no seu campo.

Campións olímpicos nas funcións:

Así, Tony Mercer, o director e coreógrafo número un do mundo, e o produtor James Cundall reuniron un equipo que inclúe o dobre ouro olímpico en patinaxe artística Evgeny Platov e o cuádruplo medallista de ouro Alexei Nemov. Xuntos prepararon un espectáculo que incorpora os complexos movementos dos Xogos Olímpicos de Inverno e acrobacias que nunca antes se viran en patinaxe artística.

 

O australiano Eamon D’Arcy, deseñador da cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Sidney 2000, creou os decorados, e máis de 110 traxes (non hai dous iguais en todo o vestiario) foron deseñados para esta montaxe por Albena Gabuena, artífice dos deseños do Teatro Stanislavski de Moscú.

A montaxe do escenario, que se prolonga 140 horas, precisa 2500 litros de anticonxelante e 14 toneladas de xeo que se deben manter a unha temperatura de -15 ºC: «o que se monta é unha pista de xeo natural —explica Itxaso Barrios—. Para facela, constrúese unha caixa de madeira como as dos barcos que se forra de neopreno e sobre a que se verte o xeo en escamas que se rega continuadamente durante 35 horas ata acadar a textura necesaria para formar a pista e pulila».

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.