O día do apalpador, un día dirixido os rapaces con concursos e actividades na praza da pedra.
O Apalpador, unha figura propia do imaxinario galego que históricamente veu representando a ilusión dos nenos e das nenas galegos/as na época do nadal (alá pola montaña lucense) e que pouco a pouco vaise achegando os nucleos urbanos do noso país.
Dende o Olentzero basco, o Tió- tió catalán, ata o máis famoso PapáNoel representan a mesma figura de nadal: un carboeiro que vive nas montañas e que por estas datas, ten o obxectivo de satisfacer os desexos dos nosos pequenos.
Teremos concurso de debuxo (bases), contacontos,xogos, música en directo, etc
A xornada levarase a cabo na Praza da Pedra e, en caso de chuvia no local da Asociación Vigovello (Oliva 14)