¿Qué hacer en Vigo?

O Circo de Nadal Volve a Vigo

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

O Circo de Nadal volve a Vigo , o fará do 18 de decembro ó 10 de xaneiro na carpa ubicada na Avenida de Castelao, en Coia.

A maxia do Nadal e o circo unidos.

O Circo de Nadal de La Fiesta escénica dálle un xiro aos espectáculos navideños, cunha proposta sorprendente e chea de enerxía, que destila surrealismo, harmonía e unha morea de momentos máxicos. É unha aposta pola imaxe, o tratamento visual e a sutileza poética.

A súa excepcionalidade baséase nunha escenografía especialmente deseñada para a ocasión, un vestiario elaborado con minuciosidade, unha luminotecnia coidada que bota man das novas tecnoloxías e un dominio profundo das disciplinas circenses máis variadas. Nunca antes un Circo de Nadal se detivo tanto nos detalles para convencer a grandes e pequenos.

Sen dúbida os osos polares animatrónicos son unha das súas atraccións máis impactantes. Ademais, pallasos, mimos, acróbatas,equilibristas, trapecistas, malabaristas, contorsionistas, bailaríns, actores… o que se espera dun circo, mais traballado para sorprender.

Máis de sesenta persoas entre artistas e técnicos, co obxectivo de revivir os 20 anos de historia da compañía e darlle vida e autenticidade á ilusión do Nadal.

Os osos polares animatrónicos

Os osos polares animatrónicos son os verdadeiros protagonistas do Circo de Nadal. La Fiesta Escénica, consciente da importancia que tiveron os animais na historia do circo, mantivo un empeño por crear animais artificiais para substituír aos reais. Cunha aparencia e fluidez nos movementos de gran realismo, é unha experiencia innovadora que acadou xa recoñecemento internacional. Sen ir máis lonxe, os seus osos polares recibiron o Premio Roncalli 2011.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.