¿Qué hacer en Vigo?

Novo Obradoiro de Voluntariado Ecolóxico

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Aínda quedan prazas libres para o Obradoiro de Voluntariado Ecolóxico para adultos e nenos nas praias de Fontáiña e Baluarte do vindeiro sábado 9 de maio de 10:30 a 13h.

Nesta actividade poderán participar persoas adultas e nenos (estes últimos acompañados por algún adulto), e se realizarán diferentes tarefas relacionadas coa conservación do medio natural desta zona litoral: Revisión e mantemento do valado protector das dunas, reposición de carteis sinalizadores, eliminación manual de plantas exóticas invasoras (Conyza canadensis e Arctotheca calendula) e limpeza de lixo.

Tamén faremos un percorrido para coñecer as plantas das dunas desta praia. Ó remate todos os participantes recibirán un merecido avituallamento.
Animádevos a participar e se vides acompañados polos vosos fillos e sobriños, mellor aínda.

As persoas interesadas deben apuntarse mediante o envío dun correo electrónico a fontainhavigo@yahoo.es indicando nome, teléfono e, no caso dos menores, idade.

Organiza a asociación fontaiña.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.