A xente que lle gusta a lectura ten unha boa nova en forma de clube de lectura en lingua galega.
Coa fundación deste clube pretendemos dar visibilidade a lectura na nosa lingua e ser un punto de encontro para lectores habituais en galego.
O clube terá dúas sesións mensuais adicando un dos días á comentar o libro de narrativa e o día seguinte o de poesía. As sesión serán os Martes e Mércores de cada mes (adxunto no calentario datas) no café “El jardín del Soja” (Policarpo Sanz, nº14), frente ó teatro A fundación de García Barbón en Vigo.
O horario será de 19:30 a 21:00 tendo os asistentes flexibilidade á hora da chegada e saída.
O clube ten unha tasa de 12 euros (6 cada reunión) ó mes que irán destinados a financiar a cesión dun espazo exclusivo para as reunións, as visitas dos autores/as (desprazamento e consumicións). Para os participantes están incluidas as primeiras consumicións de cada reunión (2 reunión ó mes) cunha pequena merenda. Asímesmo a posibilidade de mercar os títulos con pequenos descontos nalgunhas librarías de Vigo.
*Todo aquel que teña problemas económicos para abonar dita tasa que non prescinda de enviar un mail e buscaremos solucións.
As lecturas para este mes de Xaneiro serán