O 9 de agosto é a data elexida para festexar a chamada Noite Branca 2013. Unha ampliación da oferta cultural da cidade de Vigo, dentro do programa Vigo en Festas.
Pretende salientar o patrimonio e actividades do centros que forman parte da Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo dende unha perspectiva máis novidosa, nun horario amplo e singular, procurando maiores atractivos para a cidadanía viguesa e para as persoas que visitan a cidade nestas datas.
Horario:
Dende ás 19:30 ata as 02:00 da mañá.
Actividades:
Visitas guiadas, nos horarios indicados, tanto nos centros museísticos e expositivos como no xardín histórico do Pazo-Museo “Quiñones de León”.
– Visitas teatralizadas no Museo “Quiñones de León” e na Fundación Laxeiro.
– Inauguración de exposicións: “NOWHERE. Propostas fóra de lugar””, na Casa das Artes.
– Concertos musicais na Casa das Artes (Fluzo-19:30 h e Dj Javier Álvarez-00:00 h), no xardín da solaina de Concepción Arenal do Pazo de Castrelos (Orquestra VIGO 430, 21:00 h), na terraza do Verbum-Casa das Palabras (GazzFunkdation e Antía Otero, 22:00 h) e no contorno do Marco-Príncipe-rúa Londres (V-go!Negro Son Coro&The V-Goers Soul Train e Mr. Vudú, 23:00 h).
Ademáis, segundo adiantou o alcalde, o goberno local ofertará o bus turístico con guía turística oficial, con saídas ás 21:00 h (Porta do Sol con destino ao Museo “Quiñones de León”, con parada no Verbum) e ás 23:00 h (á inversa, parando tamén no Verbum); o prezo será de 2 € ida ou volta, e de 3 € para o billete de ida e volta.
A Rede Museística da cidade referida anteriormente é a que sigue:
Verbum-Casa das Palabras
Pinacoteca “Francisco Fernández del Riego”
MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo
Museo Liste-Etnográfico de Vigo
CAT-Centro de Artesanía Tradicional
Programación 2013 Noite Branca Vigo en PDF
Fonte: Xornal Vigo