O Domingo 29 un plan con nenos no de Catro a Catro a partir das 18h.
Contos de moitas cores. Un conto para ver c@s nen@s. Actividade da Concellaría de Normalización do Concello de Vigo, entrada gratuita ate completar aforo.
Contos de “moitas cores” e “RodariRodari”.
Na casa de Violeta últimamente hai bastantes problemas. Tantos que Violeta, o seu pai e súa nai teñen que deixar a súa casa e ir á da avoa.Pero o peor aínda estaba por chegar. Unha noite Violeta, metida na cama coa súa avoa, comeza a soñar en branco e negro. Os seus soños quedaron sen cores!
Menos mal que alí estaba a avoa e un vello libro cheo de cores e de contos para soñar, rir e volver a crer que os problemas teñen solucións e os nosos soños poden ter todas as cores que queiramos.