Mañá, Venres 24 de Outubro, celébrase o Día das Bibliotecas e Migallas Teatro ofrecerá o espectáculo “Merenda con Pan de millo” ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública Central de Vigo. Invitámosvos a acudir a esta función; pasaredes unha tarde fantástica con María Campos, Carlos Yus… e a orquestra das Pulgas.
“Merenda con pan de millo” é un espectáculo de pequeno formato (máximo 70 persoas) baseado no Libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. Os temas musicais que se interpretan son: “Pinocho”, Pan de millo, O piollo e a pulga “Unha vella tiña un can”, “Que cousa, cousiña é?” e “Miña “Abuela Manuela”. A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo. Máis info: A Merenda con Pan de Millo.
“…Se pan de millo vas merendar, mira o traballo que hai detrás…”
http://www.youtube.com/watch?v=obeUXjmBy-s