¿Qué hacer en Vigo?

“MARÍA VICTORIA MORENO E A COLECCIÓN ‘ÁRBORE’. 30 ANIVERSARIO DUN FITO EDITORIAL”

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Hai 30 anos naceu “Árbore”, unha colección de literatura infantil e xuvenil que se converteu nun referente para os escolares de toda Galicia, formando o substrato onde creceron escritores e escritoras novos, así como profesionais da ilustración.

“Árbore” naceu na editorial Galaxia da man de Carlos Casares, quen chamou a María Victoria Moreno (a quen se dedica neste ano o Día das Letras Galegas), Antonio García Teijeiro e David Otero para dirixir a colección, e a Manuel Janeiro para deseñala.

A Fundación Carlos Casares organiza o vindeiro día 25 de outubro, no salón de actos da Casa Galega da Cultura de Vigo ás 19:30 horas, unha mesa redonda para celebrar esta efeméride, na que xuntará a Antonio García Teijeiro (Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España); David Otero (docente e escritor); Manuel Janeiro (grafista e ilustrador); e mais a Francisco Castro (director xeral de Galaxia), quen moderará a mesa.

Colaboran con este evento a Fundación Penzol, o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.